Veciños de Baiona solicitan a reapertura dunha vía
Publicado o 17/02/2020 13:43
Esta é a vía que os veciños do barrio da Anunciada, en Baiona, queren que se abra. Hai dez anos que lle colocaron eses bloques de pedra e dende entón non poden transitar por el.
Os afectados consideran vital a apertura desa vía porque poderían acceder a outros lugares de Baiona sen ter que soportar os atascos do centro. A infraestrutura discorre por terreos comunais. Foi pista forestal e acondicionouse como paso provisional para construír unha urbanización. Finalizadas as obras, pechouse de novo. Os veciños mobilizaranse para que lles abran a vía.