CRTVG

Buscar

Veciños da rúa coruñesa da Mercé protestan polas pombas en dous edificios

Publicado o 14/01/2019 13:34

Veciños da rúa da Mercé, na Coruña, protestan pola proliferación de pombas en dous edificios en ruínas, situados entre vivendas habitadas. Din que as aves non os deixan durmir e que os seus excrementos son un foco de infección.

A esquina entre a rúa da Mercé e a perpendicular, Alcalde Casares Teijeiro, semella un pombal. As aves aproveitan as ventás sen cristais para coarse no interior deste edificio abandonado, onde formaron unha extensa familia. As súas veciñas habitan nestoutro edificio, que nunca rematou de construírse.

A asociación de veciños da zona canaliza as súas queixas. Pídelle ao Concello que tome medidas ante unha situación que, ademais das molestias que lles ocasiona aos veciños, supón un problema de hixiene pública. Advirten de que, ademais, o estado ruinoso de ambos os dous edificios é un risco para os peóns.

Explican que o Concello enviou a empresa adxudicataria de control de aves, pero que non puideron acceder ao interior porque os edificios son propiedade privada e a empresa que ten a titularidade non se fai cargo da situación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2019