CRTVG

Buscar

Veciños da Mariña participan nunha marcha nocturna por Alcoa

Publicado o 21/06/2020 15:24

Traballadores, familiares e amigos ían chegando diante da fábrica coas súas reivindicacións. Nos locais sindicais ultímanse as actuacións previstas. Outro día máis en loita. Outro día máis pedindo unha solución. Comeza a andaina e a cada paso vanse sumando os traballadores das empresas auxiliares.

Chegan a San Cibrao e no camiño ao parque Raíña Sofía únense familiares, amigos, veciños e alcaldes. Alcoa afecta ao tecido social e económico de toda a provincia. Os traballadores chaman a asistir á nova protesta convocada para este luns en Burela.

 

Noticias web

21/06/2020