CRTVG

Buscar

Veciños da Coruña e Oleiros protestan pola ocupación ilegal de vivendas

Publicado o 06/07/2020 21:20

Nova concentración dos veciños de Perillo, na Coruña, en protesta pola ocupación ilegal de tres vivendas. Nas vivendas ocupadas, en avanzado estado deterioración, hai polo menos seis persoas entre elas dous menores. Os veciños repetirán a protesta todos os luns e xoves enriba dunha das pasarelas que cruza a nacional sexta. Pero este non é o único conflito con ocupantes ilegais que hai na contorna da Coruña. No barrio de Palavea hai polo menos sete inmobles con ocupantes ilegais que son violentos, segundo os veciños

 Ocupantes ilegais en Palavea

Continúan os problemas de convivencia no barrio coruñés de Palavea. Ata sete inmobles están habitandos por ocupantes ilegais. Os veciños séntense ameazados e afirman que son violentos. Din que as liortas son continuas e que hai roubos de todo tipo

Manuel Gómez Melián, presidente da Asociación de Veciños Os nosos lares: "Supostamente intentaron entrar nun garaxe tamén. Ou sexa, sobre todo o que vive principalmente ao redor, en xeral todo o barrio porque é un barrio tranquilo, hai xente maior, está vindo moita xente nova o que quere é tranquilidade"

En Palavea levan dous anos con este problema, con estas vivendas que xa foron totalemente desmanteladas. Pídenlles ás autoridades que lle dean solución. "Teñen que darlle unha solución, en principio tapiar todo, a esta xente desaloxala de aquí. Tapiar todo e darlle unha solución para que os propietarios poidan rehabilitar as vivendas para vivir nelas"

Algúns dos auténticos propietarios teñen os pisos por permutas de terreos, mentres que outras vivendas pertencen a entidades bancarias.

Noticias web

06/07/2020