CRTVG

Buscar

Varios trens afectados na liña Vigo-Santiago por incidencias vencelladas ao temporal

Publicado o 05/03/2019 22:42
Varios trens afectados na liña Vigo-Santiago por incidencias vencelladas ao temporal

Varios trens que cobren o traxecto comprendido entre Vigo e Santiago de Compostela víronse afectados esta noite por avarías na infraestrutura, tal e como indican desde Renfe no seu Twitter, vencelladas ao forte temporal.

Os trens acumulan atrasos de ata varias horas e, segundo nos conta unha afectada que saía de Vigo cara á Coruña, os usuarios acaban de ser, despois de varias horas de espera sen recibir información sobre o sucedido, trasladados ata un autobús que os levará por estrada ata Pontevedra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/03/2019