CRTVG

Buscar

Varios obreiros quedan pendurados tras romper un andamio en Vigo

Publicado o 13/03/2020 21:29

En Vigo, o desprendemento dun andamio estivo a piques de custarlle a vida a varios obreiros. Os operarios traballaban na sétima planta cando un dos lados do andamio comezou a romper. Os traballadores quedaron pendurados nun dos treitos e tiveron que escachar o cristal dun dos trasteiros para poñerse a salvo. Despois os obreiros avisaron a policía e impediron que os veciños entraran ou saíran do edificio para que non sufrisen danos.

Noticias web

13/03/2020