CRTVG

Buscar

Varios concelleiros resultan afectados por un gromo de coronavirus en Lalín

Publicado o 05/09/2020 21:40

Son dous os concelleiros da capital do Deza que deron positivo por covid-19. O primeiro caso que se coñeceru foi o de Begoña Blanco, concelleira de Educación, Cultura, Turismo e Igualdade. Levaba desde o martes confinada na casa e o venres confirmouse o seu positivo.

Os seus compañeiros na corporación fixeron probas PCR e hoxe cofirmábase o positivo doutro edil lalinense: Bernardino Seijas, concelleiro de Parques e Xardíns. Outra terceira integrante do equipo de Goberno presenta resultados inconclusos. Outro traballador municipal deu positivo e está en illamento domiciliario canda a súa familia.

Noticias web

05/09/2020