CRTVG

Buscar

Varios axentes socorren un comensal en Vilalba tras sufrir un atragoamento

Publicado o 05/11/2019 14:24

Tras unha cea tranquila desatouse o nerviosismo nun restaurante en Vilaboa. Un dos comensais atragoouse con varios anacos de carne e un camareiro solicitou axuda. Un suboficial da Garda Civil, que estaba de paisano, iniciou as manobras de Heilmich para tratar de liberar as vías respiratorias.

Foi cando chegaron outras tres persoas para axudar a Javier que resultaron ser dous policías nacionais e un policía local.

O home recupérase xa na súa casa. A actuación destas catro persoas salvoulle a vida.

Noticias web

05/11/2019