CRTVG

Buscar

Varias xogadoras do Burela, en illamento

Publicado o 22/02/2021 20:25

Varias xogadoras do Burela Fútbol Sala está en illamento domiciliario por estaren en contacto cun positivo en cvid-19. Un caso alleo ao equipo, segundo informa o propio club.

As afectadas cumprirán coa corentena estipulada polas autoridades sanitarias. O club non informou do número de xogadoras afectadas, pero asegura que o resto seguirá coa dinámica de adestramentos.

Queda no aire, xa que logo, a celebración ou non do partido previsto para este sábado en Vista Alegre diante do Raio Majadahonda.

Noticias web

22/02/2021