CRTVG

Buscar

Varias explosións nunha base militar en Guinea Ecuatorial deixan polo menos 17 mortos

Publicado o 08/03/2021 10:22

Varias explosións nunha instalación militar en Guinea Ecuatorial deixan polo menos 17 persoas mortas e máis de 400 feridas.

Sucedeu en Bata, a cidade con máis habitantes e capital económica do país. Segundo o presidente Teodoro Obiang Ngema, as explosións debéronse á neglixencia e descoido da unidade encargada dos depósitos de dinamita e explosivos pertencentes a un cuartel militar.

Numerosos edificios sufriron danos e algúns derrubáronse e atraparon un número grande persoas; por esa razón témese teme que a cifra de vítimas pode ser maior.

Noticias web

08/03/2021

Máis sobre actualidade