CRTVG

Buscar

Valentín González Formoso: "A alternativa proposta creo que é factible e podemos converter a central nunha referencia para toda Europa"

Publicado o 30/12/2019 11:44

Valentín González Formoso, alcalde das Pontes e presidente da Deputación da Coruña, analizou no plató do Bos Días a decisión de Endesa de pechar a central térmica: "Cando tes un familiar en estado terminal e falece, por moi esperada que sexa a noticia, non deixa de ser unha mala noticia".

"Eu estou convencido e non perdemos a esperanza -asegurou-, o que non quere dicir que non sexamos realistas. A solicitude de peche está presentada, e polo tanto a central está pechada, pero é certo que hai unha proposta a Endesa que suporá a realización dunhas probas con combustible mixto nunha primeira fase, e na segunda fase coa substitución completa do carbón".

Non obstante, o principal problema que se atopa agora mesmo ese proxecto depende, segundo o alcalde das Pontes da propia empresa: "Creo que depende da vontade dos axentes implicados, da propia Endesa sobre todo. É viable, estamos convencidos de que si. Ata o de agora Endesa non ten vontade. Fixo unhas probas, quen coñece iso sábeo, coa intención de que non saíran ben. Pero esperemos que as probas que se van facer agora con seriedade conclúan que é viable técnica e economicamente. Pero coñecendo polo miúdo os detalles creo que é factible e podemos converter a central nunha referencia para toda Europa".

González Formoso cre que hai que ser exixentes con Endesa: "A empresa ten que implicarse nos plans de reindustrialización coas empresas auxiliares e o colevtivo de transportistas".

E respecto ao futuro agarda que se poidan materializar outras iniciativas vinculadas áindustrialización, sempre que sexan proxectos serios e que non se trate só de aproveitar axudas públicas: "Temos grandes potencialidades, que con tempo poden consolidarse en proxectos de creación de emprego".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/12/2019

Máis sobre As Pontes de García Rodríguez

As Pontes 7-0 Pontellas
17/02/2020 11:09