CRTVG

Buscar

Valderrey e Castrocontrigo elevan a seis os municipios a favor da autonomía da Rexión Leonesa

Publicado o 29/12/2019 20:42
Valderrey e Castrocontrigo elevan a seis os municipios a favor da autonomía da Rexión Leonesa

Xa son seis os municipios que votaron a favor da autonomía da rexión leonesa.Valderrey e Castrocontrigo aprobaron tamén a moción, en ambos os dous casos coa oposición do Partido Popular, sumándose aos concellos de León, Matadeón de los Oteros, Crémenes e Cabrillanes. A esta lista podería engadirse un municipio máis, o de Santa María del Páramo, onde está previsto que este luns se debata a moción. A proposta parte do grupo municipal Unión do Pobo Leonés, e pretende levar ás Cortes o plan para separarse de Castela, e formar unha nova autonomía xunto a Salamanca e Zamora.
 

Noticias web

29/12/2019