CRTVG

Buscar

A Axencia Tributaria prevé devolver 600 millóns de euros aos contribuíntes galegos nesta campaña

Publicado o 01/04/2020 11:14

Hoxe comeza a campaña para facer a declaración da renda. Non hai corentena en Facenda. Mantense o prazo ata o 30 de xuño. Segundo o Goberno, mantéñense estes prazos porque á maioría da xente dálle a devolver e así pode recuperar os cartos canto antes, xunto nun momento en que os precisa.

Entre as novidades desta campaña, agrúpase nun único apartado a información sobre os bens inmobles dos que é titular o contribuínte e os premios de determinadas loterías e aposta tributan de xeito diferente.A Axencia Tributaria prevé devolver algo máis de 600 millóns de euros aos contribuíntes galegos, a metade do que espera recadar na campaña da renda que agora se inicia.

Facenda estima recoller en Galicia algo máis dun millón trescetas trinta e cinco mil declaraciós, un 0,8 por cento máis que na campaña anterior.

Unha das novidades deste ano é que se simplifica a identificación do domicilio fiscal do contribuínte, que figura no borrador nun apartado separado do resto.

Agrúpase noutro apartado toda a información relacionada cos bens inmobles dos que é titular o contribuínte, sexa como propietario ou usufrutuario, e hai un gravame especial sobre os premios de determinadas loterías e apostas.

"Outras das novidades refírese ao aumento da redución aplicables aos rendementos do traballo que se eleva ata os 5.565 euros".Quedan exentos de declarar os cidadáns con rendas iguais ou menores aos 22.000 euros anuais, se proceden dun só pagador, e de 14.000 se proceden de máis dun pagador.

As declaracións poderanse presentar on line, por chamada telefónica ou de xeito presencial.

Pilar Otero, presidenta do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, explica como afronta esta campaña e mailas declaracións trimestrais de Autónomos e de pequenas e medianas empresas, que de momento está obriga non está aprazada e que parece que vai ser de difícil cumprimento.

A Axencia prevé que nesta campaña se presenten 21,03 millóns de declaracións de IRPF, un 1,6 % máis que na pasada e superando por primeira vez o limiar dos 21 millóns, a maioría, 17,5 millóns, na modalidade individual.

Delas, segundo as súas estimacións, 14,6 millóns terán resultado a devolver, un 0,5 % máis, por un importe total de 10.686 millóns, un 1,5 % menos, debido ao efecto extraordinario que a devolución do IRPF dos permisos de maternidad e paternidad tivo na campaña de 2018.

Outros 5,5 millóns de declaracións resultarán a ingresar, un 3,1 % máis, por un total de 12.798 millóns, un 6,7 % máis, polo bo comportamento das ganancias patrimoniales e as rendas inmobiliarias e de actividades económicas; mentres que os 0,95 millóns de declaracións restantes serán negativas ou outras opcións.

Como en anos anteriores, a Axencia enviará avisos a contribuíntes que considera que poderían ter criptomoedas (66.000), rendas noutros países (2,3 millóns) ou inmobles en alugueiro (1,6 millóns) co obxectivo de mellorar o cumprimento voluntario.

Entre as novidades desta campaña figura a simplificación do sistema de identificación, que agora contará cun asistente, e da identificación do domicilio fiscal, que aparecerá de forma separada.
Ademais agrúpase a información de todos os inmuebles dos que é titular o contribuyente para facilitar a súa declaración e, no caso de arrendamentos, se desglosan os conceptos para calcular en rendemento.

Para quen opten por presentar a súa declaración a través da aplicación móbil, introducíronse melloras como a posibilidade de cambiar de dispositivo mantendo os usuarios e avisos.

Tras identificarse a través de referencia, Cl@ve PIN ou certificado electrónico, a aplicación permite modificar a conta bancaria ou a asignación tributaria antes de presentar a declaración, pero se é necesario introducir cambios noutros campos, o contribuínte será redirixido ao programa Renda Web.

Outra opción para presentar a declaración é de xeito telefónico, a través do plan Chamámolo, que arrincará o 7 de maio con solicitude previa aínda que sen posibilidade de elixir faixa horaria, como en campañas anteriores, ante as "especiais circunstancias" en que se atopa o país.

A atención presencial en oficinas arrincará o 13 de maio, con cita previa, e a campaña estenderase en todos os casos ata o 30 de xuño, salvo para as declaracións a ingresar con domiciliación bancaria, que terán que presentarse antes do 25 de xuño.

A Axencia Tributaria detallou que na campaña de 2018 presentáronse 20,7 millóns de declaracións, a maioría (18,3 millóns) por internet, e o 70 % resultaron a devolver.

Polo que respecta ao imposto de patrimonio, a Axencia prevé recibir 210.578 declaracións, un 2,6 % máis, e ingresar 1.184 millóns, un 5,8 % máis.





 

Noticias web

01/04/2020