CRTVG

Buscar

UXT e CC.OO. mobilízanse para que o Goberno modifique a reforma laboral

Publicado o 08/01/2019 15:10

Os sindicatos UXT e CC.OO. mobilízanse para forzar o Goberno a que derrogue certos aspectos da reforma laboral de 2012. Convocaron para o próximo 8 de febreiro o que cualificaron como un "grande acto sindical" e para un mes despois, o 8 de marzo, coincidindo co Día Internacional da Muller, un paro de dúas horas nos centros de traballo. Os dous sindicatos instaron o Executivo a que actúe e que non se escude na minoría parlamentaria.

Noticias web

08/01/2019