CRTVG

Buscar

UXT cualifica como "caótica" a xestión do ingreso mínimo

Publicado o 20/08/2020 08:45

O Goberno recoñece que só se aprobaron unhas 4.000 solicitudes das 700.000 que se presentaron dende que se abriu o prazo en xuño, unha cifra que representa só o 1% do total. Os sindicatos critican que non se reforce o cadro de persoal da Seguridade Social, que asume a carga de tramitar esta renda.

"Estamos por riba das 700.000 peticións, moitas delas a través de Internet. As presenciais son practicamente imposible de facer pola saturación da Seguridade Social. Hai problemas mesmo para ir formalizar a pensión. Temos unha situación caótica", asegura Pepe Álvarez, secretario xeral da UXT

O ministro de Inclusión e Seguridade Social asegura que as primeras solicitudes presentadas tiñan unha porcentaxe alta de erros de documentación, un problema que ten que arranxarse. Ata o momento fixeronse dous pagamentos do ingreso miíimo vital. o seguinte será o 1 de setembro.

Noticias web

20/08/2020