CRTVG

Buscar

Urovesa asina un contrato de 146 millóns con Defensa para fabricar 600 vehículos

Publicado o 11/06/2020 19:59
Urovesa asina un contrato de 146 millóns con Defensa para fabricar 600 vehículos

A empresa galega Urovesa fabricará máis de 600 vehículos especiais para o exército nos próximos seis anos. O Ministerio de Defensa asinou un contrato por máis de 146 millóns de euros.

Os 200 traballadores desta empresa, con sede en Santiago e talleres en Valga, fabricarán vehículos todo terreo de plataforma multipropósito para o exército de terra, do aire, a Armada e os órganos centrais de contratación.

Noticias web

11/06/2020

Máis sobre Santiago de Compostela