CRTVG

Buscar

Unidas Podemos, Anova e as mareas municipalistas seguen lonxe dun acordo

Publicado o 17/02/2020 14:59

Dende Madrid amosánse optimistas para alcanzar un acordo. Antón Gómez-Reino, de Unidas Podemos, insta o resto de formacións a unirse ao seu proxecto.

Martiño Noriega responde e di que se outras formacións queren impoñer un candidato, Anova concorrerá soa ás eleccións.

Dende Esquerda Unida temen unha ruptura. Piden que se sumen esforzos para que Podemos-Anova e Esquerda Unida camiñen da man.

Mentres a ex-líder de Podemos Galicia, Carmen Santos anunciou que deixa a vida política. Pola súa banda, dende En Marea, Luís Villares, polo momento, queda só sen o apoio de ningunha outra formación de esquerdas.

Noticias web

17/02/2020