CRTVG

Buscar

Unidades da Brilat desinfectan o hospital Álvaro Cunqueiro

Publicado o 17/04/2020 15:05

No marco da operación Balmis fronte a COVID-19, varias unidades do Exército de Terra da Brilat despregáronse esta mañá no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Os equipos de descontaminación desinfectaron non só este hospital, senón tamén outros centros sanitarios de Vigo e de Pontevedra. Os soldados da Brilat tamén están facendo hoxe tarefas de recoñecemento en diferentes concellos galegos e prestan apoio á Garda Civil nos controis fronteirizos con Portugal.

Noticias web

17/04/2020