CRTVG

Buscar

Unha web premia un hotel e o concello do Grove como o mellor destino para as mascotas

Publicado o 17/01/2019 16:03

O hotel Cons da Garda e o concello do Grove acaban de ser recoñecidos entre os mellores destinos para viaxar con mascotas, os dous premios concedidos por unha web especializada. Coñecendo as instalacións, é fácil descubrir por que.

A visita institucional tiña como obxectivo transmitir os parabéns da Dirección Xeral de Turismo. A través dunha enquisa, unha web especializada en viaxar con mascotas acaba de concederlle a este hotel de San Vicente o primeiro premio na categoría de Hoteis Amigos dos Animais.

Neste hotel os animais non só poden durmir no cuarto, senón que teñen ademais acceso a áreas e servizos exclusivos, como circuítos habilitados para adestramento, ou tratamentos de reiki ou aromaterapia. O recoñecemento esténdese non só ao establecemento, o concello do Grove quedou en segundo lugar na categoría de mellor destino en España para viaxar con mascotas.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2019