CRTVG

Buscar

Unha web amosa a beleza dos fondos mariños da ría de Vigo

Publicado o 02/03/2020 17:35

Dúas viguesas amantes do submarinismo publican a beleza do mundo submarino da ría na web 13grados.com, un proxecto co que tamén pretenden crear conciencia ecolóxica na cidadanía.

O cambio climático tamén afecta o mundo submarino. Para mover conciencias, Silvia e Sara están empeñadas en que todo o mundo se somerxa nas súas imaxes, gravadas aos 13 graos de temperatura do fondo da ría de Vigo.

De profesión, psicóloga unha, e fisioterapeuta a outra, estas dúas mulleres practican o mergullo desde 2012. Esta paixón levounas a crear a web 13grados.com, onde comparten a beleza e a biodiversidade que existe na paisaxe próxima que non vemos.

As illas Cíes e o Cabo Home son outros dos seus lugares favoritos para se somerxer neste recanto do océano Atlántico.

Noticias web

02/03/2020