O Daesh reinvindica o atentado na Universidade de Cabul cunha vintena de mortos
Publicado o 02/11/2020 14:33

Polo menos 22 persoas morreron, incluídos os tres atacantes, e outras tantas quedaron feridas nun ataque armado este luns que se prolongou durante cinco horas na Universidade de Cabul, onde se atopaban miles de alumnos.
"O ataque á Universidade de Cabul terminou coa morte dos tres terroristas. Lamentablemente, neste ataque, outras 19 persoas morreron e outras 22 resultaron feridas", afirmou nun comunicado o portavoz do Ministerio de Interior, Tariq Arian.
Máis sobre Sucesos
18/01/2021 16:46
18/01/2021 16:40