CRTVG

Buscar

Unha vintena de motoristas participan en Santiago nun curso de condución segura

Publicado o 04/05/2019 17:55

Unha vintena de motoristas participan hoxe en Compostela nos cursos de condución segura organizados pola Axencia Galega de Infraestruturas. As clases, sobre todo teóricas, son de balde e pretenden mellorar a destreza enriba da moto para afrontar situacións de risco.

Elena sacou o carné de moto hai dous meses. Na autoescola aprendeu o básico, pero agora quere adquirir bos hábitos para unha condución máis segura.

Nestes cursos de formación avanzada aprenden a controlar a moto en circulación lenta, a mirar lonxe para previr riscos, a posicionarse na estrada e, sobre todo, a frear.

Andrés ten experiencia enriba da moto, pero quixo apuntarse para mellorar a súa destreza en situacións de risco.

Financiado pola Xunta, forma parte do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020. Nos vindeiros días haberá curos tamén en Lalín, Vigo e Monforte de Lemos.

Haberá unha segunda rolda de cursos este ano no mes de setembro. A demanda é alta porque en Galicia hai moita afección. De feito, as prazas cubríronse en cuestión de minutos.

Noticias web

04/05/2019