Unha vicealcaldía provoca a primeira crise no Goberno bipartito de Lugo
Publicado o 19/06/2019 14:43

Primeira crise no Goberno bipartito de Lugo. O BNG anuncia unha vicealcaldía que asumiría o seu cabeza de lista, pero os socialistas non recoñece esa figura e a alcaldesa négase a asinala.
Os nacionalistas defenden que se acordou dar liberdade para nomear as áreas e que optou por esta fórmula para darlle máis visibilidade ao seu voceiro, Rubén Arroxo.
Os socialistas argumentan que a estrutura de goberno pactada non prevé vicealcaldías, senón tenentes de alcalde.