Unha tableta e sete xogos, a vía mais sinxela para a detección precoz do Alzhéimer
Intelixencia artificial para detectar o alzhéimer. A tese de doutoramento dunha enxeñeira de Telecomunicacións en Vigo abre a porta a un método pioneiro para a detección precoz deste mal que afecta 50 millóns de personas no mundo.
Unha tableta e sete xogos poden ser a vía mais sinxela para a detección precoz do alzhéimer. Sonia Valladares centrou a súa tese de doutoramento en desenvolver un proxecto pioneiro para substituír os clásicos test que avalían o dano cognitivo. O sistema chámase Panoramix e utiliza a intelixencia artificial para detectalo de xeito precoz.
O uso das novas tecnoloxías para deseñar un test que é como un xogo, moi accesible para os maiores a través de pantallas táctiles, e que permite un análise de múltiples parámetros que os test tradicionais non abarcaban. Son sete xogos moi sinxelos que simulan escenas da vida cotiá a través da realidade virtual .
Ao aumentar a esperanza de vida multiplícanse as demencias e o alzhéimer. Tanto, que xa hai 50 millóns de casos en todo o mundo, cifra que pode triplicarse no 2050. Exercicio físico e vida social activa son algunhas das recomendacións dos expertos para un envellecemento máis san.