CRTVG

Buscar

Unha sarabiada forte causa unha colisión múltiple en Santiago

Publicado o 06/04/2019 10:34

Unha sarabiada forte que acababa de descargar propiciou esta colisión múltiple onte ao serán na autoestrada AP-9 en Santiago. O sinistro, no que se viron implicados unha decena de coches deixou media ducia de persoas feridas, en principio ningunha grave. Os bombeiros tiveron que intervir para rescatar un dos afectados, que quedara atrapado no seu turismo.
 

Noticias web

06/04/2019