CRTVG

Buscar

Unha rotonda en Cortegada acumula ata 30 sinais verticais

Publicado o 20/03/2019 21:21

Chegamos á rotonda de Cortegada e custa identificar todos os sinais e as distintas direccións. En total, hai máis de 30 sinais con diferentes indicacións.

Os veciños están afeitos e pensan que os sinais que teñen son necesarios, aínda que recoñecen que a xente de fóra adoita confudirse.

Segundo os profesionais das autoescolas, todo o que supere os tres ou catro sinais é dicícil de percibir dende o coche.

Noticias web

20/03/2019