CRTVG

Buscar

Unha propietaria denuncia ante a Garda Civil a ocupación ilegal da súa casa en Oleiros

Publicado o 28/06/2020 15:11

Novo caso de vivenda ocupada ilegalmente, nesta ocasión no municipio de Oleiros. Unha familia con dúas nenas e mais os avós entrou o venres pasado nesta casa de Perillo. A propietaria tiña avanzadas as negociacións para venderlla a un construtor e agora teme perder a transacción. Denunciou a situación ante a Garda Civil, pero ao haber menores non foi posible o desaloxo. Asegura que recibiu ameazas cando intentou acceder á casa que, segundo di, non reúne as condicións mínimas de habitabilidade.

Noticias web

28/06/2020