CRTVG

Buscar

Unha parella de xabarís, 'novos clientes' dun supermercado de Burela

Publicado o 18/11/2020 08:45

E van ver a sorpresa coa que se atopou o dono dun supermercado de Burela a noite pasada... "O que me faltaba -di-, novos clientes". 

Unha parella de xabarís adentrándose entre os expositores, na procura de algo que levaren á boca. A incursión duroulles pouco. Liscaron en canto viron o dono, móbil en man para gravar a insólita escena. Unha vez fóra, un condutor escorrentounos cos faros do coche.

Noticias web

18/11/2020