CRTVG

Buscar

Unha parella de Santiago reclama un acceso para poder ir ao médico

Publicado o 15/09/2020 13:13

Un veciño de Santiago denuncia que el e a súa muller teñen problemas para acceder á súa vivenda. O camiño que teñen para chegar á casa está parcialmente desfeito e os dous teñen problemas para camiñar. Cada vez que teñen que ir ao médico teñen que chamar un taxi, e xa non os queren ir recoller polo mal estado da pista. Luis e Socorro levan tempo con problemas para chegar a súa casa. Agora a saúde dificúltalles poder desprazarse. O camiño pasa por unha propiedade privada e o dono ponlles todo tipo de atrancos para arranxar a servidume. Dende o Concello dixéronlles que non podía solucionar nada e a muller cada vez teno máis defícil para poder ir ao médico.

"A ver se dunha vez poden arreglalo e quedar todos tranquilos. Iso é o que pedimos que amañen o camiño para que poidan subir os taxis, que nós coche non temos. Sempre que temos que sair collemos un taxi e protestan polo camiño. E o camiño é toda a vida e esá así. Este anaco arranxámolo nós pola nosa conta, tres veciños, e o resto quedou así e así está", di Socorro Castro.

Luis Meijide asegura que no catastro xa vedes que teño eu aquí o camiño marcado de cando organicei a leira e xa había camiño cando eu comprei. Había camiño de terra, todo por aí, a 17 veciños ten que dar servizo. Pero os veciños que non viven aquí, xa ves o que pasa cos montes, nin limpan ni veñen por aí nin nada. Só os que temos a vivenda. Outro señor que hai aí adiante tamén sube, deixa o coche alá e ven andando por aí arriba.

Ata o panadeiro ten problemas para levárllelo pan a casa. Ademáis do mal estado do chan a costa é moi pronunciada. As desavinzas veñen de lonxe. Aseguran que teñen unha sentenza de hai 20 anos na que lle obrigaron ao dono a deixarlle pasas e tirar o valado co que pechou a leira. Din que eles teñen a vivenda ao día con permisos e taxas pagadas e reclaman unha solución.
 

 Luis Meijide di que é  camiño de servidume que no é público e que no poden facer nada. Pero os peritos din que se pode botar xabre e achaiar un pouco porque aí hai buratos de medio metro. O dono pode cambiar o camiño a menos dano, que a lei permítello, que fale co concello e que o poña como o teña que poñer.

Menos de cen metros separan a Luis e Socorro da beirarrúa, a metade deles xa están cubertos con cemento. En total cincuenta metros que lles dificultan poder ir ao médico e coidar da súa precaria saúde.

Noticias web

15/09/2020