CRTVG

Buscar

Unha parella de 63 anos morre no incendio da súa vivenda en Cádiz

Publicado o 24/02/2020 08:35
Unha parella de 63 anos morre no incendio da súa vivenda en Cádiz

Unha parella de 63 anos morreu no incendio da súa vivenda. Foi a madrugada do domingo en San Fernando, Cádiz. Cando chegaron os bombeiros, as lapas xa destruíran o salón, que foi onde se iniciou o incendio. Alí atoparon a muller e nun dos dormitorios o home. Ambos estaban mortos. Polo de agora, descoñécense as causas do incendio.

Noticias web

24/02/2020