CRTVG

Buscar

Unha parella admite que tirou ao río o seu bebé acabado de nacer

Publicado o 10/02/2020 15:22

A policía recibiu unha chamada na noite do domingo desde o centro de saúde onde estaban atendendo unha muller nova, que non se atopaba ben. Aos sanitarios contoulles que acababa de parir, pero que descoñecía onde estaba o bebé. Cando chegaron os axentes, a muller díxolles que o botara nun colector do polígono industrial de Palencia.

A policía comezou a busca ao tempo que realizaba xestións para paralizar a recollida de lixo na zona coa esperanza de atopar o naipelo con vida. Durante dúas horas revisaron 40 colectores, sen éxito. Horas despois, xa en comisaría, a nai contou que o enterrou nun monte, coa axuda da súa parella.

A busca tampouco deu resultado. Finalmente, os detidos admitiron que o parto foi o 28 de xaneiro e que botaron o bebé nun punto do río Carrión. E ata alí levaron os axentes que atoparon o corpo do bebé no fondo do río.
Ángel Miguel Gutierrez, subdelegado do Goberno en Palencia "Milagrosamente descobren que si, ven un resto dunha bolsa e alí descobren o bebé, parece ser que é un río pouco profundo e puido descubrirse"

Os detidos, de 23 e 29 anos, os dous de Palencia, foron interrogados pola policía antes de pasar a disposición xudiciaL. A autopsia do corpo do bebé clarexará se naceu morto ou se morreu despois. Neste caso, a parella podería ser acusada de asasinato.

 

Noticias web

10/02/2020