CRTVG

Buscar

Os servizos de rescate atopan o corpo sen vida de Julen

Publicado o 26/01/2019 03:22
Os servizos de rescate atopan o corpo sen vida de Julen

Localizado sen vida o corpo de Julen, o neno de dous anos que caeu nun pozo o pasado domingo 13 de xaneiro no municipio malagueño de Totalán. Así o acaban de sinalar fontes da Subdelegación do Goberno en Málaga.

Así, unha vez que os equipos de rescate accederon ao lugar do pozo onde se buscaba a Julen, contra as 1.25 horas localizouse o corpo sen vida do pequeno e activouse a comisión xudicial.

No rescate colaboran desde o primeiro día máis de 300 efectivos, que traballan por quendas desde que o pasado 13 de xaneiro se recibise o aviso da caída dun menor por un buraco de 25 centímetros de diámetro e 110 metros de profundidade.

O neno, que estaba cuns familiares nunha leira, caeu nun orificio de prospección de pequeno diámetro pero de gran profundidade. Desde entón activouse un operativo para rescatalo formado por efectivos de distintos corpos que estiveron traballando no lugar día, tarde e noite sen descanso e facendo fronte ás grandes dificultades técnicas que se foron atopando, especialmente pola dureza do terreo.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/01/2019