CRTVG

Buscar

Unha muller revive tras permanecer máis de seis horas en parada cardíaca

Publicado o 05/12/2019 15:52

Unha muller británica de 34 anos, residente en Cataluña, reviviu tras seis horas en parada cardíaca a causa dunha hipotermia severa. Os médicos do hospital do Vall d'Hebrón consegiron resucitala aplicando, por primeira vez, un sistema de osixenación sanguínea extracorpórea.

Audrey Mash, de 34 anos, que resucitou despois de seis horas en parada cardíaca. A muller de nacionalide británica reside en Cataluña desde hai dous anos. O pasado 3 de novembro ela canda o seu home, foron sorprendidos por unha tormenta nos Pireneos,cando estaban a uns dous mil metros. Cando deron con eles os servizos de emerxencia, atoparon a Audrey cunha hipotermia severa e sen signos vitais.

Pere Serral Bombeiro: "Atopamos a Audrey inmóbil, inconsciente e moi ríxida, con signos moi claros de hipotermia"

A muller foi trasladada ao hospital barcelonés do Vall d'Hebrón. Chegou cunha temperatura de 18 graos. O equipo médico decidiu aplicarlle, por primeira vez, un sistema de osixenación sanguínea extracorpórea,denominado tecnicamente ECMO, que simula o corazón, o que lle devolveu a vida. Afeccionada ao montañismo Audrey afirma que este inverno non, pero que en primavera volverá á montaña.

Audrey Mash: "Probablemente este inverno non volverei ás montañas, pero agardo en primavera ser quen de volver facer sendeirismo outra vez"

A muller non sufriu ningunha secuela nin danos neurolóxicos.