CRTVG

Buscar

Unha muller morre atropelada no barrio de Coia en Vigo

Publicado o 23/08/2020 15:43

Unha muller de 77 anos faleceu esta fin de semana atropelada en Vigo. Un coche bateu con ela cando trataba de cruzar fóra dun paso de peóns no barrio de Coia. 

O condutor deu negativo na proba de alcolemia. Segundo transcendeu, uns colectores dificultáronlle a visión, polo que atropelou a vítima, que foi trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro, onde faleceu horas despois. 

 

 

Noticias web

23/08/2020