CRTVG

Buscar

Unha muller, ferida en Vigo ao caer dunha estada cando trataba de rescatar o seu gato

Publicado o 09/08/2020 21:45

En Vigo, unha muller quedou ferida estre mediodía despois de caer desde unha estada cando trataba de rescatar o seu gato, que escapara da casa. Foi no barrio de Coia. Debido á inestabilidade da estrutura a muller caeu dunha altura dun segundo piso e sufriu diversas lesións. Foron varios particulares os que alertaron do que estaba a acontecer e de que a muller caera á rúa.

Noticias web

09/08/2020