CRTVG

Buscar

Unha muller espiuse para que non detiveran o presunto agresor en Vigo

Publicado o 10/09/2020 14:37

Unha muller espiuse ante a policía en Vigo para evitar, sen éxito, que detivesen o seu suposto maltratador.

O suceso tivo lugar na Travesía sobre as 7 da tarde. Unha veciña alertou a policía de que estaba presenciando un episodio de violencia machista. Relatou que un home camiñaba pola rúa mallando nunha muller, agarrándoa polo pescozo e ameazándoa cun coitelo. Cando os axentes chegaron ao lugar, a agredida negou os feitos. Nese momento ensinoulles os peitos e mesmo baixou o pantalón para que non o levasen. Obviamente os policías acabaron detendo o suposto maltratador.

Noticias web

10/09/2020