CRTVG

Buscar

Unha muller de 85 anos, segunda vítima mortal do virus do Nilo en Andalucía

Publicado o 21/08/2020 16:30

Xa son dúas as persoas falecidas a causa do virus do Nilo, que afecta 35 persoas en Andalucía. Son un home de 77 anos e unha muller de 85 que levaban varios días ingresados nun hospital de Sevilla.

Esta enfermidade, que se transmite ás persoas pola picadura de mosquitos, está a ter a súa maior incidencia nas localidades de Coria del Río e La Puebla del Río.

Noticias web

21/08/2020