Unha muller de 71 anos supera o coronavirus tras pasar 40 días na UCI
Publicado o 15/05/2020 16:18
E agora ímoslles contar unha historia con final feliz. A de Ángeles. Con 71 anos, pasou case mes e medio nunha UCI, en Ourense. O peor xa quedou atrás. Agora conta os días para volver á casa.
Ángeles Puga, curada xa do coronavirus, deixa atrás 40 días na unidade de coidados intensivos despois de superar dúas pneumonías.
Hai apenas unha semana que volveu comer por ela mesma. Aínda convalecente, intenta pouco a pouco recuperar a mobilidade. O seguinte paso, o que máis desexa, é poder volver á casa. O que levará con ela é o agradecemento a todo o persoal sanitario que a axudou a superar a enfermidade.
Máis sobre Ourense
24/01/2021 14:13
23/01/2021 15:08
22/01/2021 20:46