CRTVG

Buscar

A muller que caeu ao río Barbaña, en Ourense, está en morte cerebral

Publicado o 01/12/2020 19:51
Unha muller duns 60 anos de idade resultou ferida de gravidade e permanece en morte cerebral tras caer ao río Barbaña, na cidade de Ourense, cando trataba de alimentar a uns gatos nunha zona rochosa e de difícil acceso. Foi contra as tres da tarde horas baixo a pontente de Erbedelo e, aínda que había pouca auga, o terreo presentaba dificultades para poder acceder a ela. 

O suceso xerou grande expectación poucos minutos despois das tres da tarde na ponte de Ervelelo cando a muller caeu ao leito do río no paseo do Barbaña, na cidade de Ourense. Foi un home que andaba pola zona a que deu a voz de alarma para socorrer á muller de avanzada idade que acababa de caer desde unha altura de máis de catro metros. De seguida chegou a ambulancia do 061 pero para rescatala cumpriu a intervención dos bombeiros.

A muller recibíu un forte golpe contra as pedras do río e foi trasladada en embulancia ao Complexo Hospitalario de Ourense. Ía consiciente, pero non era quen de falar.

A Policía Nacional está investigar como ocorreu o suceso pero segundo as testemuñas todo apunta a que a muller esvarou cando estaba alimentando uns gatos da rúa, e caeu desde as gateiras instaladas nesa beira do río.

Noticias web

01/12/2020