CRTVG

Buscar

Unha moza devolve 2.000 euros a unha anciá que os perdera no Grove

Publicado o 25/12/2019 13:07

Unha moza pasaba pola praza de Arriba no Grove e atopou un sobre cheo de cartos ás portas dunha farmacia. No seu interior había billetes de 50, 100 e 200 euros. Ao parecer, a ollo, sumarían unha cantidade entre 1.500 e 2.000 euros. 

Non dubidou e a súa reacción inmediata foi tratar de localizar o propietario. Entrou no establecemento e preguntou se alguén perdera un sobre rotulado co timbre de Abanca e unha cartilla do banco. Dentro estaba unha muller maior no mostrador que remexía no bolso buscando os cartos para pagar. Uns cartos que non atopaba. Despois dun momento de nervios, a muller tranquilizouse ao ver que lle entregagan o sobre.

Dáse a circunstancia de que hai un mes ocorría outro caso similar, tamén ás portas dunha farmacia, e no Grove. Entón foi Luís Rodiño quen extraviou un sobre con 1.500 euros despois de saír do banco e unha muller, que resultou ser a súa veciña, atopounos e entregoullos grazas á mediación da policía.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/12/2019