CRTVG

Buscar

Unha mostra reúne en Pontevedra 400 beléns de todo o mundo

Publicado o 24/12/2019 14:33

'Beléns do mundo' é unha mostra única en que se recollen culturas diferentes sen saír destas dúas salas do mosteiro do Lérez. Unha viaxe polos cinco continentes do mundo para ver con outros ollos o Nadal de máis de catrocentos países.

Ana o seu irmán Gonzalo levan xa varios anos mostrando a súa colección por toda Galicia. Este ano tocoulle a este mosteiro de Pontevedra. A meirande parte destes beléns foron doazóns feitas polos propios visitantes, incluídos peregrinos de todo o mundo cando a mostra recalou en Santiago. Cada un é significativo de cada lugar de orixe.

E por aquí pasarán nenos e nenas de diferentes colexios coma este de San Clemente. Os pequenos desfrutaron na súa visita e mesmo nos contaron cal foi o que máis lle gustou.

Amais de cultura e tradición, estes pequenos levan unha boa dose de imaxinación para por en práctica na súa casa o seu particular belén.

Moitos están feitos con material de refugallo, pero sobre todo con moito agarimo para que todos e todas se sintan representados este Nadal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/12/2019