CRTVG

Buscar

Unha monitora española morta e dez estudantes feridas en Costa de Marfil

Publicado o 23/06/2019 17:27

Morre unha monitora española nun accidente de autobús en Costa de Marfil. Hai ademais dez estudantes feridas, todas elas tamén españolas. Formaban parte dunha actividade de verán para universitarias dun colexio de Barcelona cando o autobús no que viaxaban picou unha roda e dou varias voltas de campá.

A falecida, segundo fontes do instituto, é a directora do centro, Teresa Cardona, responsable do grupo no país. As feridas, todas leves, están xa recibindo asistencia sanitaria e nas próximas horas poderían ser trasladadas á capital. Membros da embaixada española están xa con elas. A repratriación do cadáver da falecida podería producirse nas próximas 48 horas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/06/2019