CRTVG

Buscar

Unha masa de aire cálido africano favorecerá temperaturas altas ata o mércores

Publicado o 11/05/2019 18:45

A situación meteorolóxica en Galicia experimentou, esta semana, valores tan extremos como o das fortes chuvias que deixaron máis de 50 litros por metro cadrado en Pontevedra o venres, á calor africana que se prevé dende hoxe e ata mediados da semana que vén. 

A masa de aire cálido, chegada de África, favorecerá as temperaturas excepcionalmente altas para esta época do ano e será a nosa comunidade, a que experimente as temperaturas máis altas do norte de España. O sábado os termómetros achegaranse aos 30 grados en Ourense e Pontevedra, pero o domingo superaranos. Santiago subirá dos 23 ata os 29 e Ferrol, Lugo e A Coruña que roldarán hoxe os 20, alcanzarán os 27 graos.

 

 

Noticias web

11/05/2019