CRTVG

Buscar

Unha maquinista morta e un cento de feridos ao colidir dous trens en Barcelona

Publicado o 08/02/2019 21:23

A maquinista dun tren perdeu a vida e preto dun cento de persoas resultaron feridas ou tiveron que ser atendidas por contusións ou ataques de ansiedade, nun accidente ferroviario, entre as localidades barcelonesas de Sant Vicenç de Castellet e Manresa. A medio cento de pasaxeiros evacuados xa os trasladaron por estrada e habilítase un servizo de atención ás vítimas. Aínda non eran seis e media da tarde, cando Protecció Civil da Generalitat informaba xa dun accidente do baixador de Castellgalí. Segundo Renfe, foi unha colisión frontal entre dous trens de cercanías. Un ía dirección Barcelona e outro cara Manresa. Aínda que é unha zona de dobre vía, os dous circulaban na mesma. Abriráse unha investigación sobre as causas.
 

Noticias web

08/02/2019