CRTVG

Buscar

Unha gasolineira de Lugo ofrece café, bocata e ducha de balde para os transportistas

Publicado o 04/04/2020 14:04

A XENEROSIDADE EN TEMPOS DE CRISE/ DUCHA, BOCATA E CAFÉ GRATIS PARA OS TRANSPORTISTAS Como estamos na fin de semana, hoxe apenas pasan camións pola estrada. Con todo, todos aqueles camioneiros que o necesiten poden parar nesta gasolineira e ducharse ou tomar un bocadillo.

Manuel Piñeiro, Encargado da estación de servizo Ponte Branca

Ademais, os transportistas non paga nin o bocadillo nin a ducha. Unha iniciativa xenerosa que agradecen.

Manuel Piñeiro, En cargado da estación de servizo Ponte Branca

Nesta gasolineira, que abriu hai nove meses en Piugos, na estrada Lu-612, que une lLgo con Portomarín, tamén se convida a tomar un café a outros profesionais que están facendo servizos esenciais.

Manuel Piñeiro, En cargado da estación de servizo Ponte Branca

Ademais, os transportistas que paren a descansar un momentiño nesta gasolineira, teñen a oportunidade de observar a poucos metros a Lina e Leo as cegoñas que están criando enfronte da estación de servizo e que deben os seus nomes aos produtos que aquí máis venden: gasolina e gasóleo.

Noticias web

04/04/2020