CRTVG

Buscar

Unha funeraria de Becerreá incinera féretros dos falecidos por coronavirus en Madrid

Publicado o 19/04/2020 21:21

Nesta funeraria de Becerreá estase a incinerar féretros procedentes de Madrid de persoas falecidas pola COVID-19 porque os crematorios de alí non dan abasto.

Os cadaleitos xa chegan a Becerreá selados e con todas as garantías.

As cinzas volven a Madrid polo mesmo transporte que trouxo o cadaleito, así que ao outro día a familia do finado xa as ten ao seu dispor.

Desde que hai un mes comezaron a colaborar nesta funeraria lucense, xa levan incinerados setenta féretros.

Noticias web

19/04/2020