CRTVG

Buscar

Unha familia do barrio vigués de Lavadores denuncia o acoso sistemático dun exveciño

Publicado o 05/11/2020 14:37

Unha familia do barrio de Lavadores en Vigo vive desesperada. Case a diario reciben a visita dun exveciño que os intimida e lles ocasiona cada vez máis estragos nas propiedades. Interpuxeron numerosas denuncias, pero á falta de testemuñas dificulta que se resolva o conflito. Teñen medo e están sobrepasados por todo isto.

Coñecen a persoa que lles ocasiona os danos e incluso trataron de falar con el porque non comprenden o porqué dos seus actos. Só queren vivir tranquilos na súa casa de toda a vida, pero o calvario que din que pasan a diario levounos a pensar en marchar da zona. 

Noticias web

05/11/2020