CRTVG

Buscar

Unha familia de catro persoas viuse obrigada a pasar a noite no monte Pindo

Publicado o 30/08/2020 15:14

Pasar a noite nun dos lugares máxicos de Galicia, o monte Pindo, para evitar males maiores. Foi que o que fixo unha familia composta por dous adultos e dous mozos, aos que, despois dunha xornada de sendeirismo, se lles botou a noite enriba e consideraron máis seguro pernoitar no monte ante a falta de luz abonda e ante as dificultades do terreo.

Ían completamente provistos de material e de roupa de abrigo e mantiveron constantemente contacto coa Garda Civil e o 112. Coas primeiras luces do día, emprenderon de novo o camiño, agora, coa máxima seguridade.



 

Noticias web

30/08/2020