CRTVG

Buscar

Unha familia de 4 persoas afrontaría un gasto de 115 euros ao mes en máscaras

Publicado o 20/05/2020 14:22

A nova normativa que impón o uso de máscaras en espazos pechados ou nos públicos nos que non se poida garantir a distancia de seguridade supón tamén unha carga económica para os usuarios. A un prezo taxado de noventa e seis céntimos por cada máscara hixiénica ou cirúrxica, as recomendadas para a poboación xeral, que son desbotables, unha casa con catro persoas en idade superior a seis anos afrontaría un gasto mensual duns 115 euros.

Cantidade que pode ser difícil de aturar para determinadas familias. Pero algunhas das máscaras son reutilizables.

Lembran os especialistas a importancia de comprar as en establecementos que ofrezan esa información e as debidas garantías sanitarias. Ter toda a información é a mellor vía para comprar seguro e tamén aforrar.

Noticias web

20/05/2020