CRTVG

Buscar

Unha explosión pirortécnica deixa 9 feridos na vila catalá de Centelles

Publicado o 30/12/2019 20:13

A mediodía, o 112 recibiu unha chamada da Cruz Vermella alertando dunha explosión no campanario da igrexa de Centellas, que celebra a tradicional festa do Pi. Ata o lugar desprazáronse dous helicópteros medicalizados, catro dotacións de bombeiros e 12 unidades dos servizos de emerxencias médicas para atender os feridos provocados pola explosión.

Josep María Soto, voceiro do SEM :"Trasladamos nove persoas, tres estaban graves e seis menos graves, todas afectadas pola mesma causa, queimaduras de diferente consideración e gravidade"

Todos os feridos foron trasladados ao Hospital Vall d´Hebrón, que conta cunha unidade de queimados. Ademais, un equipo de psicólogos atendeu os familiares e amigos dos afectados. Segundo parece, a explosión produciuse dentro do macuto con pólvora que leva un dos participantes na festa, que consiste en colgar un piñeiro cabeza abaixo na igrexa. Os que levan o piñeiro desde o bosque ata a igrexa portan escopetas e trabucos. Segundo os bombeiros, a estrutura do campanario non resultou danada.

Jordi Vila, xefe de garda dos bombeiros: "Non, non está afectada polo que comentei porque a pesar de todo, todo está aberto e toda a expansión, produciuse, saíu cara ao exterior"

Tras este incidente, o Concello decidiu suspender as festas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/12/2019